Política social promove a danza, o teatro e a música entre a mocidade no campamento xuvenil Espiñeira de Boiro

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, achegouse hoxe a dúas localidades da Comarca do Barbanza nas que se desenvolven actividades enmarcadas na Campaña de Verán 2019 da Xunta de Galicia.

Primeiro estivo en Boiro, onde visitou os 100 cativos que están a desfrutar das actividades do campamento xuvenil Espiñeira e, máis tarde, achegouse a Ribeira para coñecer de primeira man as labores medioambientais que están a levar a cabo 20 mozas e mozos no Parque Natural de Corrubedo.