A Xunta destinou no primeiro semestre máis de 5,1 millóns de euros para financiar a asistencia xurídica gratuíta

A Xunta destinou no primeiro semestre do ano máis de 5,1 millóns de euros para financiar a asistencia xurídica das persoas que acreditaron insuficiencia de recursos. Con esta medida, o Goberno galego garante o dereito fundamental de acceso á xustiza de toda a cidadanía.

A Comisión de Asistencia Xurídica de Galicia estimou preto de 22.000 solicitudes nos seis primeiros meses do ano. A maioría delas, algo máis 13.400, correspondéronse á xurisdicción penal; seguida da xurisdicción civil, con 6.490 solicitudes estimadas. A continuación, aínda que con bastante diferenza, situáronse a xurisdicción social (943), menores (634), a contencioso-administrativa (466) e a militar (4). Para atender estas solicitudes, a Xunta destinou nos primeiros meses do ano algo máis de 5,1 millóns de euros.
Teñen dereito á asistencia xurídica gratuíta os cidadáns españois, dos Estados membros da Unión Europea e outros estranxeiros que residan legalmente en España, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar.

more recommended stories