O estadio municipal de San Lázaro acollerá o vindeiro sábado 24 de agosto o 1º Torneo Vila de Noia de Fútbol Feminino

O estadio municipal de San Lázaro acollerá o vindeiro sábado 24 de agosto ás 18.30 hoaras o 1º Torneo Vila de Noia de Fútbol Feminino. A competición, que se encadra tamén dentro da programación das Festas de San Bartolomeu, enfrontará aos equipos do CF Noia e do Bergantiños FC (de Carballo).