A Xunta mantén a loita contra o furtivismo e para velar polo estado dos recursos e puxo como exemplo o reforzamento das inspeccións no mes de xullo

A titular de Mar acompañou aos axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia nun operativo pola ría de Arousa e salientou que no mes de xullo o ente dependente da Consellería do Mar realizou preto de 1.000 inspeccións, un 13% máis que un ano antes, detectou un 7% máis de infraccións que no mesmo mes de 2018 e se incautou de 5.700 útiles, un 60% máis que o pasado exercicio.

more recommended stories