Adxudicada unha nova actuación consistente na licitación das obras de pavimentación e renovación de servizos nas rúas do Mar e da Volta, na parroquia de Castiñeiras.

A empresa que obtivo a mellor clasificación foi Excavaciones Nima, S.L. (había 28 ofertas presentadas). Comporta un investimento de 91.740 euros, IVE Incluído, e o prazo de execución son tres meses. A actuación enmárcase no POS provincial.