A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou o espírito emprendedor da muller e o traballo realizado polas profesionais do sector marítimo-pesqueiro para darlle visibilidade ao seu papel nesta rama de actividade

Esas 15 obras son unha pequena selección dunha colección máis ampla de 50 cadros promovida pola Asociación Dones del Mar del Grau de Gandía (Adomar) e froito dunha colaboración entre todas as asociacións da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) e fotógrafos e pintores da Comunidade Valenciana. A exposición, organizada por Anmupesca, estivo antes en Gandía e Cariño e estará aberta ao público en Muros ata o próximo día 31.

more recommended stories