O Concello de Boiro abriu a convocatoria de axudas para a conciliación laboral, persoal e familiar do 2019

O Concello de Boiro abriu a convocatoria de axudas para a conciliación laboral, persoal e familiar do 2019. A convocatoria deste ano incorpora novidades con respecto ás de anos anteriores como son a redución do tempo de empadroamento requirido ou as circunstancias que obrigan á contratación de servizos profesionais e de coidado das crianzas.