O goberno municipal de Boiro reorganizou algúns dos departamentos dentro do Concello

Esta semana remataron en Boiro os cambios na reestruturación dalgúns departamentos do Concello.

O alcalde, José Ramón Romero, deu orde de facer algunhas modificacións tanto no persoal como nos espazos que estes departamentos ocupan dentro do Concello coa intención de que sexan máis produtivos.