O Concello de Noia aplica ás palmeiras un novo tratamento preventivo contra o picudo vermello

O Concello de Noia vén de aplicar esta semana un novo tratamento preventivo contra o picudo vermello ás palmeiras do paseo da Alameda e na súa contorna.

A edil de Parques e Xardíns noiesa, Mariola López, indicou que “esta é a terceira vez en que aplicamos o tratamento contra este insecto. A finais deste ano completaremos unha nova acción preventiva. Grazas a estas accións, que se complementan con labores de poda, conseguimos previr os efectos devastadores deste insecto, así como recuperar algunha das especies que xa se atopaban afectadas polo mesmo”, detalla a concelleira noiesa.