A Xunta de Galicia e a Fegamp acordaron avanzar na elaboración dunhas directrices comúns para que os concellos galegos poidan exercer dun xeito efectivo as súas competencias na ordenación das vivendas de uso turístico

O titular de Turismo do Goberno autonómico subliñou que estas directrices comúns facilitarán o exercicio das competencias que as entidades locais teñen en relación con esta modalidade de aloxamento e entre as que figura, entre outras, a posibilidade de establecer limitacións no que respecta ao número máximo de vivendas de uso turístico por edificio ou sector, regulando os usos a través dos seus Plans Xerais de Ordenación Municipal.

more recommended stories