Obradoiros de repostería e instrumentos musicais centraron as actividades do Lousame Concilia na primeira quincena de agosto

O Concello de Lousame continúa coas actividades do seu programa para a conciliación da vida familiar e laboral integrada no programa Lousame Concilia. Nas dúas primeiras semanas de agosto, as propostas centráronse en obradoiros de repostería e de instrumentos musicais.

Dirixidas a nenos e nenas de entre tres e doce anos de idade, estas actividades desenvólvense nas instalacións do CPI Cernadas de Castro entre as 09.30 e as 14.30 horas. Ademais de participar en obradoiros de distinto tipo como os mencionados con anterioridade, tamén gozan con diversos xogos, actividades acuáticas, sesións de zumba, body-jump e algunhas saídas á piscina.

Este servizo está organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

more recommended stories