Aprobadas as luminarias para os paseos de Ribeira

Xa en marcha a ambiciosa actuación destinada a mellorar a alumeado a través luces de baixo consumo tipo LED de boa parte da franxa litoral que descorre entre Palmeira e Aguiño.

A iniciativa comprende a instalación de luminarias no paseo de Insuela, no paseo da Ameixida, no parque de Punta do Castro e nas pasarelas das praias de Castro e A Catía, así como a renovación das luces do paseo do Carreiro e do porto de Aguiño.