O Concello de Ribeira informou de que un total de corenta empresas foron presentadas a unha nova actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais na avenida Remiro Carregal no polígono industrial de Xarás

Proxéctase unha nova rede dispoñendo un colector por cada unha das marxes das rúas principais do polígono, a base de PVC corrugado de 400 milímetros de diámetro. Ademais, nos cruces de colectores situaranse pozos de rexistro e tamén se instalarán acometidas de pluviais aos inmobles.