Os menores de 35 anos poden optar ás axudas da Xunta para a compra de vivenda en máis da metade dos concellos da Coruña

Os menores de 35 anos interesados en comprar unha vivenda poderán beneficiarse este ano das axudas da Xunta en máis da metade dos concellos da provincia da Coruña (51).

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), convocou dúas liñas de subvención específicas para mozos: unha para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes e a outra, para a compra en cascos históricos.

more recommended stories