O BNG da Pobra conmemora o domingo Día da Galiza Mártir honrando aos presos do campo de concentración da fábrica do Pozo.

O domingo día 18, ás doce da mañá, membros do BNG colocarán un ramo de flores na confluencia das rúas Alexandre Bóveda e San Roque en homenaxe aos mártires da Pobra. Trala homenaxe os actos pasaran a desenvolverse no lugar do Pozo, nos arredores da fábrica de conservas, para honrar a memoria dos represaliados.