Organizacións e asociacións enfermeiras de todo o mundo mostraron publicamente o seu respaldo á Lei de Seguridade do Paciente que está a impulsar o Sindicato de Enfermería

Asociacións de Enfermería de todo o mundo apoian a Lei de Seguridade do Paciente

Desde que se iniciou, o pasado mes de novembro, a campaña “A Sanidade que merecemos. Lei de cocientes enfermeiras”, organizacións profesionais e sindicais que defenden os dereitos e intereses das enfermeiras e enfermeiros nos seus respectivos países quixeron sumarse á iniciativa de SATSE ao entender que o sistema sanitario necesita ter máis enfermeiras e enfermeiros para ofrecer unha atención máis segura e de calidade.