A lonxa de Porto do Son logra unha redución do 75% de consumo eléctrico grazas aos sistemas LED

A Consellería do Mar vén de convocar axudas destinadas ás confrarías de pescadores para proxectos colectivos de mellora nas lonxas en materia de iluminación. A elas a Xunta destina máis de 250.000 euros e con elas lograrase reducir como mínimo un 40% do consumo anual.

Así o destacou hoxe a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante unha visita á lonxa de Porto do Son, unha das beneficiadas por este tipo de axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).