Preto de 200 inscritos na III travesía Illa de Bensa

Preto de 200 nadadores participan o xoves, 15 de agosto na III Travesía illa de Bensa., en Boiro. Tralo éxito do ano pasado o concello de Boiro e o Club Natación Boiro animáronse a repetir a experiencia, este ano arroupados pola federación galega de Natación, logrando realizar unha proba integrada por primeira vez no XVI circuíto de Augas Abertas da Fegan.