O Trofeo Conde de Fenosa celebrado este fin de semana na Pobra do Caramiñal foi finalmente para o Coruxo

O estadio da Alta acolleu este domingo unha edición máis do Trofeo Conde de Fenosa, a corenta e cinco para ser exactos. Nesta ocasión o Puebla xogou fronte ao Coruxo, conxunto da segunda b e polo tanto un rival nada sinxelo para os locais.