A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, destacou o compromiso dos promotores do Conxunto Etnográfico do Vilar, co benestar e a protección dos animais de compañía


Así o destacou na inauguración deste proxecto, no que o seu departamento colaborou cun orzamento de 18.000 euros, e que permitiu que o albergue conte con todos os servizos necesarios, como cociña, comedor, baños, servizo de lavadora e secadora, WIFI e calefacción; así como unha Aula da natureza, dende a que poñer en valor a Ruta Arqueolóxica de Mondoñedo e que no futuro prevé completar cun Centro de Recepción de BTT para actividades en bicicleta de montaña.

more recommended stories