Medio Ambiente recorda que hai dispoñibles máis de 3.000 prazas para acceder á Illa de Ons nas xornadas da festividade local


A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que na actualidade hai máis de 3.000 prazas dispoñibles para viaxar á Illa de Ons, nas xornadas de festividade local. Así, recoméndase a todas as persoas que non teñen carné de acceso libre e que desexen viaxar á illa o vindeiro 23, 24 e 25 de agosto realizar os trámites necesarios coa antelación suficiente para asegurarse á entrada a esta illa do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

more recommended stories