O Deporte na Rúa vai a ter lugar nas rúas do concello da Pobra

Nesta xornada de Deporte na Rúa están convidados a participar todos os rapaces e rapazas do Concello de idades comprendidas entre os 7 e 12, que comprenderá as modalidades deportivas de atletismo, aeromodelismo, fútbol 3×3, baloncesto 3×3, remo, artes marciais, xadrez, piragüísmo, tenis, tenis de mesa, bádminton, voleibol, hockey e acrobacias, ademais de divertidos xogos.