Nova manifestación a prol dunhas pensións dignas

Os pensionistas do Barbanza continúan coa súa loita incansable a prol dunhas pensións dignas, cada sábado repiten a mesma manifestación nas rúas da Pobra do Caramiñal. Chova, vente ou quente o sol, os maiores da comarca claman nas rúas polos seus dereitos.