Rescatado en Boiro un traballador dunha madeireira cunha perna fracturada

Os bombeiros de Boiro e Protección Civil da localidade empregáronse a fondo para rescatar na tarde de onte a un traballador dunha madeireira que se precipitou por un terraplén mentres cortaba leña en Abanqueiro.