A Corporación de Noia habilitou esta mañá algo máis de 449.000 euros en tres modificacións de crédito para poder financiar diversas obras, servizos e iniciativas culturais e deportivas

A primeira delas, aprobada co voto a favor do goberno (PP e NOIA), a abstención do PSdeG-PSOE e Marea Cidadá de Noia e o voto en contra do BNG, ascende a uns 257.500 euros. Utilizarase fundamentalmente para diversos gastos nos eidos cultural e deportivo, entre eles programacións de actividades ou tarefas de reparación e mantemento de instalacións.