Varios conselleiros da Xunta asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a elaboración da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia.

No acto, que tivo lugar no Parador de Cambados, formalizouse unha cooperación que permitirá mobilizar un total de 748.000 euros a prol do sector vitivinícola galego e dos territorios das cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) e das catro indicacións xeográficas protexidas (Val do Miño, Betanzos, Barbanza e Iria, Ribeira do Morrazo).

more recommended stories