Varias obras sen licitar están sendo un problema para a actual corporación municipal de Muros

A rexedora muradá, Inés Monteagudo, sinalou que o seu goberno atopouse ao chegar ao mandato con problemas en relación a varios traballos que se atopaban sen contar cun proceso de licitación. Algunhas delas xa están iniciadas coma a do cine París, a pesar de contar cun problema técnico que agarda que se solucione sen máis problema.