O Complexo Medioambiental Sera do Barbanza afirma que máis de 1,5 toneladas de residuos de aparellos electrónicos e eléctricos aparecen cada ano mesturados co resto de residuos

Ante a aparición de numerosos electrodomésticos mesturados co lixo o Complexo Medioambiental do Barbanza lembra a importancia de depositar os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEEs) nos puntos limpos ou nos establecementos comerciais onde se adquiren os novos aparatos eléctricos.