A Deputación da Coruña estudará novas vías de colaboración coa Asociación Provincial de Voluntarios e voluntarias de Protección Civil


O responsable provincial da área de Promoción Económica e Asistencia a Municipios, Blas García Piñeiro, tivo onte a primeira toma de contacto coa Asociación Provincial de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil para coñecer as súas necesidades e demandas, así como analizar o sistema de subvencións e axudas que se destinan ás agrupacións da provincia.
Á reunión, ademais do deputado Blas García, asistiron a secretaria da asociación, Oliva García, e os asesores Luis Barca e Ramón Pérez Barrientos, que puxeron sobre a mesa os principais temas que afectan á asociación. Entre eles, e de maneira especial, na xuntanza valorouse a necesidade de estudar a posibilidade de modificar os criterios das subvencións, e poder incrementalas ata os concellos de menos de 50.000 habitantes, xa que a natureza das agrupacións de voluntarios e voluntarias é a mesma, e prestan os mesmo servizos.

more recommended stories