As agrupacións de persoal voluntario de protección civil dos concellos da área do Barbanza recibirán da Vicepresidencia da Xunta de Galicia un total de 21.778 euros

As entidades, que están inscritas no Rexistro de Agrupacións de Persoal Voluntario de Protección Civil de Galicia, percibirán entre 2.400 e 1.700 euros e son as dos concellos de Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.