A XII Concentración Moteira Ría de Noia mobilizará na vila máis de mil motos entre o venres 9 e o domingo 11 de agosto

O Concello de Noia e a Asociación Mototurística Ría de Noia presentaron o programa da duodécima edición da Concentración Moteira Ría de Noia, que se desenvolverá entre o venres 9 e o domingo 11 de agosto.

No acto de presentación interviron as concelleiras Laura Salgado e Mariola López, ademais do vicepresidente da entidade organizadora, Agapito Carou, acompañado por outros integrantes da asociación.