O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Lousame celebrou esta semana unha festa de fin de curso.

O persoal do programa de voluntariado xuvenil do Concello de Lousame ofreceu unha divertida sesión de contacontos para toda a cativada. Ademais, e como agasallo de despedida, fixeron entrega da orla do curso e tamén dun libro de Os Bolechas a cada alumno e alumna do PAI.