Almuíña anuncia o remate da primeira fase das obras de ampliación do servizo de urxencias do hospital da Barbanza

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, anunciou que, nas vindeiras semanas, poderá estar en funcionamento unha parte do novo Servizo de Urxencias do Hospital da Barbanza, no concello coruñés de Ribeira. Almuiña visitou hoxe o centro sanitario, para coñecer o desenvolvemento desta primeira fase das obras de ampliación da área de Urxencias, que está a piques de rematar.

more recommended stories