Rianxo ríndese novamente ao mexillón


Rianxo acolle o 3 e 4 de agosto a X Festa do Mexillón de Rianxo organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo. A festa do mexillón de Galicia, que xa vai pola 10º edición, é un evento que atrae multitude de persoas de toda a comarca.