A Deputación da Coruña financia oficinas de información turísticas dun total de 55 concellos


Un total de 55 concellos manterán este verán abertas oficinas de atención turística co financiamento da área de Turismo da Deputación da Coruña. Na actualidade, practicamente a totalidade dos puntos de información están operativos grazas a unha convocatoria á que a Deputación da Coruña destina 800.000 €.

Maior profesionalización e mellora da calidade son os principais obxectivos da liña de axudas da área de Turismo da Deputación da Coruña que promove a apertura de oficinas de atención ao público nun total de 55 concellos das que practicamente a totalidade están xa operativas.

more recommended stories