O Concello de Lousame desenvolve a súa Ludoteca de Verán no programa Lousame Concilia

O Concello de Lousame desenvolve durante os meses de xullo e agosto a súa Ludoteca de Verán, unha iniciativa para a conciliación da vida familiar e laboral integrada no programa Lousame Concilia.

Dirixidas a nenos e nenas de entre tres e doce anos de idade, estas actividades teñen lugar nas instalacións do CPI Cernadas de Castro entre as 9:30 e as 14:30 horas. Participan en obradoiros artísticos, diversos xogos, actividades acuáticas, sesións de zumba, body-jump e algunhas saídas á piscina.

Este servizo está organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

more recommended stories