O Concello de Lousame clausura os seus campamentos de verán, nos que participaron 103 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos

Un total de 103 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos de Lousame e municipios limítrofes participaron durante a pasada semana na decimosétima edición dos Campamentos de Verán do Concello de Lousame. Unha iniciativa de conciliación familiar que foi clausurada na tarde de onte pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, quen entregou a todos os participantes o seu correspondente diploma acreditativo.

more recommended stories