A Xunta adxudica os traballos de mellora do depósito de Moldes, en Ribeira, que abastece de auga aos concellos do Barbanza

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar os traballos de mellora do depósito de Moldes, no concello de Ribeira, e que abastece de auga aos concellos do Barbanza.

Estes traballos foron adxudicados á empresa Espina y Delfín, S.L. e dispoñen dun orzamento de máis de 48. 000 euros. As obras teñen un prazo de execución de 4 meses.

more recommended stories