A Xunta está a impulsar a dinamización da lectura a través de axudas a 11 bibliotecas municipais da comarca do Barbanza

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución das axudas a entidades locais para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e axencias de lectura de titularidade municipal das que se beneficiarán un total 11 centros da comarca do Barbanza en 9 concellos.