Axentes da Policía Autonómica, coa colaboración de axentes forestais, veñen de esclarecer un incendio forestal ocorrido no concello de Outes

Axentes do grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Santiago, en colaboración co persoal do Distrito forestal IV- Barbanza, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 12 de xullo, na parroquia de Cando, concello de Outes, no que arderon 0,47 Has. de superficie rasa e 0,03 Has. de arborada.