O Concello de Lousame convoca o programa Lousame Concilia

O Concello de Lousame abrirá o próximo martes 16 de xullo o prazo de inscrición no programa “Lousame Concilia”, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no Colexio Plurilingüe Cernadas de Castro durante o curso 2019/2020.

O servizo, que empezará a prestarse dende o 11 de setembro, presenta este ano unha novidade: a posibilidade de anotar ao neno/a non só en horario de mañá (7:45 a 9:00 horas) senón tamén de tarde (de 15:40 a 17:00 horas) ou de mañá e tarde. Os prezos mantéñense con respecto a anos anteriores.

more recommended stories