O Consello da Xunta autorizou hoxe unha nova convocatoria de axudas para a creación de 15 novas casas niño que ofrecerán en total 75 prazas de atención á primeira infancia en contornas rurais

O Goberno galego segue a ampliar esta rede de recursos de conciliación, formada a día de hoxe por 61 casas niño xa en funcionamento que poñen gratuitamente a disposición das familias 305 prazas para nenas e nenos de 0 a 3 anos. O obxectivo é que Galicia remate a década con 76 equipamentos deste tipo en servizo, para o que destina a esta nova orde de axudas –a cuarta desde a implantación do programa en 2016- máis de 1,1 millóns de euros.

more recommended stories