Faltan poucos días para que os conxuntos da Preferente Norte comecen as súas respectivas pretemporadas e aínda seguen confeccionando os seus planteis

A poucos días de comezar a pretemporada os clubs do Barbanza que xogarán a Preferente Norte continuan a confeccionar os seus equipos. Por unha banda o Noia anunciou a incorporación de Edu, procedente do Porriño Industrial e que xoga de mediocentro.

O Puebla tamén está a facer retoques no seu plantel, xa que acaban de facerse cos servicios de Adrián Pereria e o Boiro incorporou ao central que provén do Noia, Dani Conde de 35 anos e que volve a Barraña.