Rematadas as obras de reordenación ambiental da contorna da praia do Testal, nas que se invertiron máis de 375.000 euros

O proxecto encargado pola Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar por preto de 400.00 euros a Tragsa e que ven de ser recepcionado polo concello, comprendeu a creación dunha pasarela peonil seguindo o trazado da estrada, asi como a senda en zahorra por debaixo do viaduto .

Neste sentido, o alcalde noiés sinala que “estas sendas do Testal están entrelazadas coa ponte sobre a Ría e que remata en Río do Porto, onde ten continuidade ata Abruiñeiras, onde se van seguir facendo actuación. Isto significa dispoñer unha zona para o paseo e o deporte nunha contorna moi próxima ao casco urbano de Noia”.