O veleiro Diosa Maat de ecoloxistas en acción arribou esta mañá ao peirao do Freixo para denunciar a contaminación da Ría

Despois de visitar o pasado ano o porto de Ribeira contra a apertura da Mina de Touro, o veleiro Diosa Maat chegou ao porto do Freixo, nesta ocasión para denunciar o estado das augas da Ría de Noia.