O Concello de Rianxo ten varias actuacións en marcha e outras a piques de comezar ao abeiro do Plan Unico da Deputación da Coruña

As obras dos concellos ao abeiro do Plan Unico da Deputación continúan durante estes meses logo de iniciarse parte delas con retraso polas tramitacións, en Rianxo agárdase o remate da nova sede da Policía local para finais do mes de agosto, unha obra moi agardada, xa que posibilitará liberar parte da casa consistorial , onde actualmente se atopan as dependencias da Policía local.