Milleiros de persoas asistiron a terceira edición do Rompetiño Jump que se celebrou este fin de semana en Porto do Son

Un ano máis o Rompetiño Jump volveu a bater récords de asistencia. O festival de cultura urbana celebrado en Porto do Son este fin de semana contou coa presenza de milleiros de persoas que dende o venres ata o domingo se desprazaron a vila sonense para desfrutar tanto da música rap, trap e electrónica como dos distintos eventos de cultura urbana, como o campionato de bmx, de skate, ou bailes de danza moderna.