O PSOE levará ao parlamento a instalación de contedores nos peiraos da Barbanza

A Deputada socialista no Parlamento de Galicia Loli Toja achegouse esta mañá ata a Pobra para interesarse pola concesón dunha área do porto de Ribeira e outra na Pobra a Alicruxa para a instalación de contedores frigoríficos e que afecta aos traballadores da estiba e os consignatarios.

Acompañada polo alcalde da Pobra Xosé Lois Piñeiro e pola concelleira socialista Patricia Lojo, a parlamentaria anunciou que o seu grupo presentou iniciativas sobre este asunto no parlamento Galego.