A Xunta inviste máis de 39.000 euros en mellorar os equipamentos culturais de 3 concellos da comarca do Barbanza

A reforma do auditorio Valle Inclán da Pobra, o equipamento do arquivo municipal de Lousame e a Mellora da accesibilidade na Casa da Cultura de Porto do Son son tres dos equipamentos culturais que se poderán materializar grazas á achega da Consellería de Cultura.

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, informou da resolución para a adquisición de equipamento e na mellora das instalacións destinadas á programación de actividades culturais no marco das axudas convocadas no pasado mes de febreiro.

more recommended stories