Feijóo anuncia que o novo Plan Galego de Hospitalización a Domicilio permitirá estender este servizo ao 100% dos galegos os 365 días ao ano

O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o novo Plan Galego de Hospitalización a Domicilio 2019-2023, que se aprobará esta semana no Consello da Xunta, permitirá estender este servizo ao 100% dos galegos os 365 días do ano.

Durante unha visita esta mañá a unidade de Hospitalización a Domicilio do Hospital Marítimo de Oza, Feijóo destacou o labor dos profesionais de HADO e aseverou que o Goberno galego seguirá comprometido e traballando para a Sanidade da vindeira década: con 2.300 profesionais máis que hai 10 anos, con récords en intervencións, consultas e transplantes e tamén coas menores esperas desde que hai rexistros.

more recommended stories